Crónica

Ruta Alto do Picato.


Toca iniciar o ano, e para a primeira saída do ano imonos desprazar a terras de Trabada, aínda que o inicio do roteiro está en Barreiros, subiremos ao Alto do Picato, Trabada.


Saímos de Foz ás 9 da mañá en coche e facemos a parada para aumentar a caravana de coches en Lourenza e continuamos ao punto de partida do roteiro de hoxe, na Serra de Cadeira.


Cumprindo os protocolos establecidos, facemos un coro grande para separarnos e damos unhas breves instrucións sobre o roteiro, normas, etc. E comezamos a camiñar, é unha pista de saburra ancha que vai dirección suroeste, cruzamos un ramal do Camiño de Santiago e seguimos ata chegar á estrada que vén desde Trabada, a cal cruzamos, para coller un camiño pola saia do Picato, que o vai bordeando e imos ascendendo aos poucos ata chegar á cima. É unha pena que se metese a néboa e non nos deixe gozar das magnificas vista desde a cima, tomamos algo rapidamente para repoñer forzas, obrigados pola climatoloxía.


Descendemos pola pista que ven desde a área recreativa do Chao do Couso, pero sen chegar aí, desviámonos á esquerda no primeiro cruzamento, esta pista leváranos a coller o camiño que usamos para subir. Ao chegar á estrada cruzámola e na chaira que atopamos, aproveitamos para facernos unha foto de grupo, tendo como fondo a cima da que acabamos de baixar. Collemos a pista que sobe pola nosa dereita, que é do roteiro prg-82, para subir ao Alto de Liñeiras, e así atravesar o seu fermoso piñeiral, baixamos ata chegar de novo ao cruzamento do Camiño de Santiago, neste punto regresamos pola pista que nos trouxo á primeira hora da mañá desde os coches, onde poñeremos o punto final á marcha de hoxe.

 Subímonos aos coches e imos ao área recreativa do Alto dá Cadeira, que será onde xantaremos todos xuntos.


Bonito día, grazas a todos.


 


Un saúdo
.


Morís.