Benqueridos compañeiros/as senderistas, como cada ano tócame a min facer a crónica desta derradeira ruta do ano, e, a verdade, tería que empezar a falar dela antes deste día, pois puxemos en práctica unha nova iniciativa, íamos viaxar en tren, que emoción! E que incertidume, pois non sabíamos como iades aceptar a idea, sobre todo aqueles os que lles gusta a cama pola maña xa que saímos as 7.10 da mañá .Pero a nosa sorpresa foi que cando nos demos conta, no tren non iba haber problemas, pero o Restaurante ibase quedar pequeno, xa que vamos subir o tren 59 persoas dispostas a pasar un bo día.

Vou sumerxirme no propio día, porque outro dos nosos medos era perder o tren, de feito todos chegamos con casi 10 minutos de adianto, e...”ahí ven”.. Subimos todos en tropel, xa cada un no seu asento, empezamos a conversar cós xoves que regresan de pasar unha noite de festa, e sorprendidos de ver tantas persoas de cor verde, ata queren unha copia da folla da ruta que vou repartindo, e”adicada”, nada menos.

E, así, risa a risa, o tren vai avanzando, fóra o tempo non presaxia nada bo,de súpeto algo nos fai dar un salto no asento, tranquilos, xa ven o revisor, non pasa nada, é un tronco na vía. Avanzamos lentamente, pero ainda así a todos se nos fai unha viaxe moi curta, pois ainda casi sen amencer xa chegamos a Espasante, punto de inicio do noso percorrido.

Cando baixamos do tren amenaza con chover e parapetados de chuvasqueiro e paraguas, botamos andar cara a praia de San Antón. Dende aquí vamos ter dous tramos complicados, primeiro unha pequena subida, que non é pronunciada, pero si moi malo o acceso, pero foi ascendéndose sen problema. Agora queda o máis difícil, unha baixada empinada, con o chan resbaladizo, menos mal que temos unha corda para agarrarnos e facer firme. Teño que recoñecer que me aproveitei da situación de baixar a primeira e así poder plasmar en foto esa cadena humana que formamos pola corda abaixo, o gracioso foi que o final máis dunha acabou bicando a area da praia Eirón, esta anécdota xa está gardada na nosa páxina web para ter un bo recordo, pois se mirades as fotos veredes como sacades a mesma conclusión ca min, facemos un gran equipo!

Aquí aproveitamos para facer a foto de grupo, pois hai unha boa panorámica dos Aguillóns de Cariño ás nosas costas.

Ruta das Algas por ossendeiros Ruta das Algas por ossendeiros Ruta das Algas por ossendeiros Ruta das Algas por ossendeiros

A ruta discorre sen máis contratempos, o tempo está o noso favor, hai unha boa temperatura, e a xente ven moi animada charlando, rindo e como non, disfrutando das marabillosas vistas dos cantís e praias que vamos atopando o noso paso.

Xa na zona do bosque, rodeados dunha arboleda de piñeiros, doume conta que o Concello de Ortigueira, tivo a amabilidade de vir rozarnos o camiño, pois afectivamente cando viñemos recoñecer a ruta, había moita maleza e toxo, pero non tivemos máis que anunciarlles a intención de facer a ruta e foron limpala, o cal lles temos que agradecer e recoñecer.

Facemos o último tramo por un camiño ancho e con bastante lama, pero así e todo sempre atopamos un oco para descansar e compartir un cachiño de chocolate, unha froita, ou uns froitos secos.

Preto da unha da tarde, divisamos o pobo de Loiba, e o Restaurante O Galeón, punto final do noso andareiro, aquí tamén nos esperan dous amigos máis, Antonio Núñez e Celia, que aínda que non poideron vir camiñar quixeron compartir este xantar cos Sendeiros, e mentres esperamos que nos sirvan o xantar comentamos as incidencias do día.

Ruta das Algas por ossendeiros Ruta das Algas por ossendeiros Ruta das Algas por ossendeiros Ruta das Algas por ossendeiros

Xa todos no comedor, e non sen contratempos, pois a dona xa nos dixo que iamos estar como”sardiñas”, tres dos nosos compañeiros foron para outra mesa para estar máis cómodos, eso si, a hora do café sentáronse con nós, para compartir unha copa de champagne e brindar todos xuntos polas festas, polo vindeiro ano e polos Sendeiros, que como dixo o noso presidente, a quen, por certo, démoslle unha pequena sorpresa, unha tarta de cumple, con canción e todo, creo que ata se emocionou tanto que non sabía que decirnos, pero o que iba, el dixo que senón fora pola vosa axuda, colaboración e confianza Os Sendeiros non existiríamos, así que en nome da Asociación e no meu propio, moitas grazas por acompañarnos en cada ruta, por facer que cada domingo de ruta sexa diferente, por darnos tanto apoio e tanto cariño, e tamén ánimo e ilusión para seguir adiante e para preparar cada novo andareiro coa mesma ilusión como se fose o primeiro.

Desexo que teñades unhas Felices Festas,que o vindeiro ano 2010 veña cheo de saúde para todos/as,para que esta gran familia que somos Os sendeiros teñamos unha longa e fructífera vida.

Unha aperta da vosa compañeira e amiga

Ana