Crónica

Unha vez máis Os Sendeiros saen de ruta. A saída, coma sempre, diante do Concello ás sete e media da mañanciña. Cun mínimo retraso de 10 minutos, o autobús colle cara a Asturias. Preto de Avilés facemos unha parada, para tomar un café mañaneiro, e, para algún, o primeiro, porque as présas para saír non deran tempo a tomar nada na casa.


Continuamos camiño. Pasamos por Oviedo e Trubia e seguimos ata chegar a pouco máis o menos dun quilómetro de Pedroveya (ou Pedruveya, como poñía nun deses carteis que aparecen tachados e rescritos en tantas estradas), no concello de Santo Adriano. A estreitez da estrada e as curvas moi pronunciadas obrigan a deixar o autobús un pouco lonxe do inicio da ruta. Subimos unha costa, atravesamos o pobo e, despois doutra costa, chegamos a igrexa de San Antonio. Aí comeza a ruta. Ímola facer basicamente costa abaixo, para rematala na área recreativa de Las Xanas. Non son moitos quilómetros, pero, polas información que temos é unha impresionante ruta, tanto que é coñecida como o pequeno Cares. Son arredor das once da mañá; unha mañá fresquiña, pero, por sorte, non parece que vaia chover.

A pouco de empezar, atravesamos un bosque de faias. Axúdanos a salvar o baixada unha larga ringleira de escaleiras que cansan as pernas non pola cantidade, senón pola altura dos escalóns. Rematados estes, a ruta faise máis sinxela: so atopamos una costa curta pero mois costenta. Imos, coma sempre, distanciándonos: hai quen anda ben e hai que, coma min, colle a ruta máis tranquilamente, porque as pernas non dan para máis. Iso fai que nos retrasemos e, por iso, cerquiña dun muíño fíxose una primeira re-agrupación dos camiñantes. Cruzamos unha pequena ponte e entramos na parte máis espectacular da ruta: o Desfiladeiro de las Xanas. O río é pequeno, pero leva tanta forza que explica que as rochas calcarias foran desgastadas ata chegar a ter uns oitenta metros de profundidade. Pasamos pequenas fervenzas, seguidas de tramos máis tranquilos. Nalgunha zona, o camiño é tan estreito, e pasa tan pegado polo lado e por riba da cabeza, que hai cordas de seguridade para aqueles que teñan algo de medo á altura.

 Ruta das Xanas e do Oso  IMG_20150315_112003  IMG_20150315_115747  SAM_4827

Tamén cruzamos algún tramo onde a pedra está foradada e da lugar a pequenos tuneis. Xa cerca do final do desfiladeiro, dende o alto, vese, aló, moito no fondo, un especie de branco intermitente: é o río que salta entre as penas; unha auténtica marabilla natural; non é estraño que esta ruta sexa Monumento Natural dende o ano 2002 Nun tramo máis despexado pola dereita, temos de fondo o monte e aló arriba vemos destacar contra o ceo a silueta dunha cabra salvaxe.Foi un momento moi bonito. A pouco vemos clarear, aló no fondo á esquerda, as casiñas do noso primeiro destino. Chegamos ó final dunha ruta corta pero encantadora (foron, en total, uns 5 quilómetros). Na área de Las Xanas fixemos o reagrupamento co fin de tomar un bocado e coller forzas para continuar o noso andar, completando a ruta con outros, máis ou menos, 5 quilómetros da Senda del Oso. Esta é unha ruta de longo recorrido, pero nós fixemos só o tramo hasta Proaza. Pasa entre casas primeiro, e despois bordea o cercado onde están os osos en semicautividade. Puidemos ver tres deles: un no monte á nosa esquerda, e dous no cercado da dereita; un deles, máis pequeno, tiña unha graciosa cara blanquecina.
O día portouse ben; unha vez pasadas as dúas primeiras horas, bastante fresquiñas, puidemos andar con tranquilidade. So tivemos unha pouquiña de auga cando xa estabamos a punto de rematar a ruta, no tramo final da Senda del Oso, especialmente os que iamos algo retrasados, que nos colleu cando xa estabamos entrando en Proaza.

Chegamos ó pobo con ganas de tomar unha cervexa e despois o xantar. Había a escoller: de primeiro, pote asturiano ou ensalada tibia; de segundo, carne asada ou cordeiro; e de sobremesa, arroz con leite ou flan. A maioría escolleu de primeiro prato o típico pote asturiano, y de sobremesa o non menos típico arroz con leite. Para rematar o café ou a infusión que cada un elexía. O que quedou con fame foi porque quixo, xa que o xantar foi abondoso.
Sobre as catro e media subimos ó autobús para regresar a Foz, onde chegamos, sen parar, sobre ás sete menos cuarto.
Foi un bo día de sendeirismo, no que compartimos ruta e camaradería.
A próxima ruta dos Sendeiros será por terras portuguesas, no mes de maio. Pero en abril haberá un encontro na Terra Chá.
Ata entón, aburiño, amigos.

Carmen Beltrán