Crónica
Con un tempo bó pero, eso sí, con néboa, Os
Sendeiros voltamos a organizar a 2ª Sardiñada no entorno
do Bispo
Santo. Alí xuntámonos preto de 73 sendeiros. A hora fixada foi as 12
da mañán para facer unha pequena ruta polos alrededores do Pico
da Lebre. Un percorrido fácil e corto; soamente se fixo para
facer un pouco de gañas de comer.
As duas chegamos de volta e fumos buscando acomodo polas
mesas que xa se encargáran de colocar o bon de Zamora, Suso e Xaime;
un dez para eles, non faltaba detalle. Para o xantar o menú foi:
Sardiñas, Empanadas variadas, bollu preñao,e de postre milhojas además
de pan, viño e café. Ben ¿non?. As sardiñas moi ben asadas por Suso
con un toque de Ana, a sua dona.
Coma sempre boa camaradería, recordos da última marcha
que ainda alguns recordan, partida de cartas O
tute cabrón, gañado esta vez pola campiona de Ribadeo, Tere
a inigualable; todo un recital de como se xoga ás cartas.
Así foi pasando a tarde e sobre as sete recollimos o
campamento e, coma sempre, viñeron as despedidas e ate a próxima que
terá como data o 23 de Xullo por terras de Cangas de Narcea en
Asturias.
Unha aperta e gracias a todos por ter a vosa amizade.
José
Luis.
|