Crónica

A ruta comezámola ás 10 da mañá no pobo de Bres, pobo pequeno pero moi bonito e ben coidado.
Esta vez o grupo Os Sendeiros foi máis pequeno que outra veces, pero non menos dinámico. Deixáronse notar as filloas, orellas e as roscas que a xente de Foz temos cando se achegan os Carnavais. Todo o pobo por estas datas vólvase no Antroido: preparar os disfraces, ensaios das comparsas e grupos, en fin un cúmulo de tarefas que coma e normal fan que todo non se poda abarcar.


O día foi moi ben ceo despexado, aunque iso si frío tíñamos a bondo, o que pasa que nada máis que comezas a andar empeza a sobrar algunha roupa.
O redor das 10 da mañá saímos de Bres polo medio do pobo, xa empezan as primeiras fotos do día, xunto a nós estaban os amigos de Valadouro os do Pasomiudo capitaneados por Anxo, eles fixeron a mesma ruta pero ao revés.
Por un ancho camiño de terra chegamos ata o muíño de Guxo, e na súa proximidade unha mini central eléctrica que nalgún tempo presto un gran servizo para estas pequenos pobos da montaña.


Costa arriba continuamos por un pequeno sendeiro deixando o regato a man dereita, cruzamos o río polo medio dunha ponte de madeira, e seguir en ascenso a través dun souto de castiñeiros ata o chao do Cobo. Neste lugar fermoso facemos unha paradiña e tomar unha parva e repoñer forzas. Unha vez feita a foto do grupo seguimos a ruta en descenso pasando por Cabaza onde visitamos a capela onde alguén quixo facer unha misa para o grupo. O camiño segue ata o alto de do Teixo, onde disfrutaremos dunhas fermosas vistas incluso no horizonte pódese ver o mar. Incrible, pero certo.Atravesando pequenos bosques de carballos votamos a descender e atopamos o muíño Vello e o muíño de Nela.

Ruta dos Muiños (Taramundi) Ruta dos Muiños (Taramundi) Ruta dos Muiños (Taramundi) Ruta dos Muiños (Taramundi)


Uns poucos metros máis e xa de volta ao pobo de Bres sobre a unha da tarde. Coma sempre cambio de roupa e algúns tomamos un sidra o un viño no bar do pobo.
Unha vez no bus destino Taramundi, onde aínda houbo tempo para facer unha visita relaxada e tomar un aperitivo antes do xantar.
No restaurante Paulino( Para repetir) todo o grupo xunto cos do Pasomiudo sentámonos na mesa para degustar un bo Pote asturiano, carne asada e de postre Arroz con leite todo elo exquisito e con harmonía de sempre.
Un pouco de sobremesa e de seguido foimos a visitar o museo de Esquíro. Dimos un paseo para achegarnos a el de uns dous km, pero creo que mereceu a pena visitar. O responsable fíxonos unha demostración da fabricación dunha navalla, co seu temple daba gusto ollar o manexo da fragua e o martelo.

Ruta dos Muiños (Taramundi) Ruta dos Muíños (Taramundi) Ruta dos Muíños (Taramundi) Ruta dos Muiños (Taramundi)

O museo ten pezas antiquísimas coma : Aparatos de radio, máquinas de escribir, de coser, aperos de labranza, utensilios de madeira, etc.... postais, moedas...Merece a pena visitar. O regreso de novo a pe por un sendeiro fermoso en descenso en busca do bus que nos estaba esperando ao lado do Mazonovo, outro museo digno de visitar. Nesta época do ano encóntrase pechado.
Sobre ás seis e media saímos de Taramundi, chegando a Foz ás sete máis o menos a Foz.
Pasamos un gran día de sendeirismo por ese fermoso rincón pioneiro do turismo rural en España.


Vémonos na próxima


José Luis