CRÓNICA
A Asociación Os Sendeiros de Foz iniciou a súa programación especial de verán con moi bó pe. Non se contaba que a I MARCHA NOCTURNA PRAIAS DE FOZ fora ter tanto éxito, e quedamos sorprendidos coa participación de 170 persoas de tódalas idades, incluíndo nenos. Moitas eran persoas que están a veranear na vila.
Xuntámonos a carón do monumento
á pescantina, representada por
unha estatua de ferro que
reproduce fielmente a unha
delas: a inesquecible Xica. Alí
Ana fixo a
foto de grupo de rigor e o
presidente da Asociación
pronunciou unhas palabras para
presentar a marcha, agradecer a
participación e dar unhas cantas
directrices para que todo saíse
sen incidentes desagradables.
Tamén o Sr. Alcalde se dirixiu
os asistentes.
Con
puntualidade británica, as
10 en punto da noite, comezamos
a andar. Estaba anoitecendo, ese
momento que os mariñeiros do
lugar chaman “o axexo”. Así
entre lusco e fusco pasamos a
carón do “Joaquincito” e
entramos no paseo marítimo que
comeza fronte a
Praia da Rapadoira. Ó chegar
á punta do cabo xa era noite
pechada e non se podía facer
fotografías xa que as nosas
cámaras son de pouca categoría e
saen moi escuras.
O grupo camiñaba estirado,
enchendo o paseo, e en amigable
conversación. Así fomos pasando
polo Ollo do Mar, A Verde… e
todas esas calas tan bonitas que
ten a nosa costa. En lugares con
pouca contaminación lumínica si
un se fixaba podía observar a
bioluminiscencia
das augas que se facía máis
visible ó chocar contras as
pedras. Isto é o que os
mariñeiros do lugar chaman “arder
a auga” que non é outra
cousa que a
bioluminiscencia
do plancto
que brilla cando se move.
Pasamos a
Praia de Llas onde unha luz
no medio do areal indicaba que
había pescadores de cana
tratando de pescar algo e
gozando do silencio e da noite
con unha temperatura perfecta
para estar fora. A verdade é que
daba gusto aquela calma. Un
mariñeiro diría que estaba “unha
noite podre”.
Ó chegar ó lugar coñecido como
Auga Xosa un cartel informábamos
que levamos camiñados 3325 m. e
entrábamos no tramo de nova
construción que chega hasta á
Praia de Peizás. Este tramo
está perfectamente iluminado e a
xente que portaba lanternas e
candís apagáronos pois non eran
precisos.
Ao chegar a
Praia de Peizás estaban a
esperarnos
o noso presidente e máis Zamora
que nos fixeron entrega dos
vales para tomar unha taza de
chocolate con churros cando
cheguemos de novo ó punto de
saída. Alí fixemos unha pequena
parada para reagruparnos, e
beber un grolo de auga na
fonte alí situada.
Comezamos de novo a andar, non
sen antes acender lanternas e
candís. O chegar a altura do
cámping San Rafael tomamos
un camiño sen asfaltar para
enlazar con unha pista da
concentración parcelaria
que, en liña recta nos levaría
ata a altura da
estación de servizo. Entón
viramos á esquerda e dirixímonos
de novo cara a costa, que
encontramos no punto onde se
atopan os servizos da
Praia de Llas, na parte
occidental da mesma.
Aquí volvemos a camiñar polo
paseo marítimo no que sería o
último treito para rematar a
marcha. Fronte a nós podíamos
observar as luces da costa de
Barreiros,
Ribadeo e, ó fondo
Tapia xa en
Asturias. Toda a costa está
profusamente iluminada.
Ó chegar de novo á
Praia da Rapadoira
atopámonos con cantidade de
xente paseando que se estrañaba
de ver tantos camiñantes,
incluso algún pensou que se
trataba dunha manifestación. Na
zona do paseo preto do Rego de
Foz numerosos mozos e mozas
estaban comezando unha noite de
botellón. As mesas de cemento da
área de descanso estaban
ateigadas de bebidas.
O pasar tamén podíamos observar
as terrazas cheas de xente
gozando da noite. Por fin
chegamos a
Tupide onde se atopaba o
posto de reparto de
chocolate e churros. O reparto
foi rápido e houbo chocolate
para repetir. Estaba riquísimo.
Noraboa a quen o fixo.
E noraboa ós organizadores da
marcha polo éxito tanto en
participación como en
organización. Pasamos todos un
par de horas moi entretidas
facendo exercicio e gozando do
paseo, da noite, do tempo e da
compaña de tantos andaríns.
David Méndez