Crónica

Ruta Solidaria, Pola Endometriose.


Organizada por RUNFOZRUN e en colaboración cos Sendeiros, o 11 de agosto tivo lugar en Foz unha marcha solidaria a favor da Endometriose, enfermidade rara, todo o recadado irá para a asociación querENDO, será o noso pequeno granito de area, e deste modo facer mais visible esta enfermidade, movendo conciencias para que non quede no esquencemento.


Xuntámonos no patio do colexio Martinez Otero de Foz, para dende alí percorrer a mesma distancia que o día seguinte ían correr os participantes na RunFozRun. Como está un sábado espectacular, o sol luce con esplendor, o que fai que saiamos cuns minutos de retraso. Collemos dirección a avenida da mariña, a cal percorremos en fila, para logo virar a dereita e baixar pola congostra do cura, e de novo xirar a dereita pola rúa Paco Mañon e dirixirnos cara o campo de fútbol de Malates, imos facendo pequenas paradas para agruparnos, baixamos a costa do campo de fútbol, para dirixirnos a Granda e percorrer ese fermoso bosque que bordea a ría. Regresamos cara ó campo de fútbol para coller a dereita, bordear a ría e chegar o porto, que está ocupado polas atraccións de feira, xa que estamos en festas, neste punto encaramos derradeira subida da marcha de hoxe ata o patio do colexio, onde comezamos a andaina de hoxe, tras pasar a través do arco de saída poñemos fin a ruta, despedímonos tomando algo de líquidos para repoñernos.


Fermosa tarde camiñando por unha causa xusta.


Parabens a todos.


Un saúdo.
Morís.