Crónica

O roteiro deste mes coincide co día despois da cicloxenesis explosiva, o que fixo minguar o número de camiñantes, resistimos 20.


Comezamos no portiño de Morás fronte á fabrica de Alcoa. Ó baixarnos do bus caían unhas finas pingas, pouco duraron, o que nos permitiu gozar dun día sen auga e cunha temperatura perfecta para camiñar.


Fumos ó son dos cantís de Morás, contemplando a bravura do mar no seu bater nas rochas. Nestes comenzos imos camiñando rodeados por toxos mais altos ca nos. No chan, aínda se podían ollar os restos que deixaron os fortes ventos do día anterior, ramas, cortizas das arbores, piñas.

Ruta Morás - Esteiro (Xove) Ruta Morás - Esteiro (Xove) Ruta Morás - Esteiro (Xove) Ruta Morás - Esteiro (Xove)


Cando chegamos a Portocelo, fixemos unha pequena parada en boxes, para repoñer folgos e tomar un pequeno refrixerio. Saímos cara ás ruínas da igrexa de San Tirso, do século VIII, para continuar cara ó faro de punta Roncadoira, feito por Cane, focense de pro. Dende o faro puidemos ver a Estaca de Bares e con unha pouca de bruma, puidemos intuír o cabo de Busto que foi o andareiro do mes de decembro.


E así pasiño a pasiño, atraves de montes chegamos á praia de Esteiro, lugar de culto para os surfeiros. Onde pillamos o bus para ir cara o restaurante, os faroles, onde xantamos. Unha vez enchemos o bandullo, diriximonos cara a Foz para rematar a nosa primeira andaina do 2013.


Vémonos o 24 de Febreiro por terras de Betanzos.

Un saudo,


Morís.