Os Sendeiros celebran este ano o dia do Sócio/a con este novo andareiro por terras de Alfoz, coa ruta “Pena Abaladoira”.

Diante do Concello, coa puntualidade que nos caracteriza, esperamos a chegada do bus, con algo de follón, pois hoxe somos tantos, 70, que vamos en dous, e témonos que repartir.Xa todos nos seus asientos, e facendo as paradas en Vilaxoane e Vilaronte para recoller os compañeiros que faltaban, diriximonos o comenzo da ruta, ben, o comenzo non, pois decidimos facela o revés, cando fumos preparala, demonos conta que había moita pendente, xá que empeza no Castelo de Pardo de Cela e ascende ata Serra do Xistral, pólo que decidimos facela noutro sentido, para que a xente fora camiñando en descenso. E penso que acertamos, pois o final mais dun decía que ”si fora subindo a metade non chegabamos”.

Ben, cando fumos chegando xunto a Pena Abaladoira baixamos do bus, fai algo de frio xá que estamos a moita altitude, pero asi e todo, vemos que vamos ter bo dia, non loce o sol, pero fai unha temperatura perfecta para camiñar.

Facemos unha foto de grupo, non nos damos colocado, hai pouco sitio e somos tanta xente, hai quen está preocupado por senón sae, já, já...todos queremos deixar constancia deste routeiro.

Isabel observa a Pena e dí ”pensei que era moito máis grande”. Lástima este cercada e non poidamos subirnos a ela, porque asi poderian comprobar como se avala, e seguro que algún de nós acabaríamos pólo chan!!!

Pena Abaladoira Pena Abaladoira Pena Abaladoira Pena Abaladoira

Según vamos empezando a descender vexo que todos  vamos quitando a chaqueta, xá que empeza a facer calor, estamos rodeados da impresionante Serra do Xistral, con un paisaxe fermoso.

O noso paso atopamos o Cruceiro de Outeiro, xá preto do Pereiro, lugar donde vamos facer unha pequena parada para reagruparnos, todos aproveitamos para comer algo, uns un bocata, os máis golosos un pouco de chocolate ou unhas galletas, e os máis sanos unha froita, claro, xá comenzou a operación”bikini”...

Algunhs acheganse ata metade do pobo para ir o bar, e coa desculpa de ir o WC, beben unha cerveciña,para coller forzas (dicen).

Emprendemos de novo o camiño, cada cual conversando co seu compañeiro, parandose a contemplar as fachadas do Pazo de Rizal, que chama atención pola capela barroca, ou o de Carrocide, cós seus grandes portalons, as Torres e o escudo familiar na súa porta. Comentamos o triste aspecto deste pazo, pois é unha pena que algunha persoa ou institución non o rehabilite para desfrute de veciños e visitantes.

Asi, pouco a pouco chegamos diante do Concello de Alfoz, lugar donde facemos outro reagrupamento, alguns deciden subir o bús, pero a maioria decidimos facer a pé o último kilometro que nos falta para chegar a Finca Gálea.

Pena Abaladoira Pena Abaladoira Pena Abaladoira Pena Abaladoira

Unha vez aqui, mentres cambian a camiseta e os calcetíns, facemos unha pequena visita a finca para ver o Muiño funcionando coa forza da auga, e como, a que sobra, fai o efecto de cascada que flúe ata fontes e regatos, que van esparcendose pola finca e desemboca nun fermoso lago.

Pero estamos famélicos despois da camiñata e todos nos sentamos rápido a mesa. Reina unha gran armonia, e,entre bocado e bocado, comentamos os incidentes do dia, a sorte que tivemos co marabilloso dia de sol e calor, e a fermosa vista que temos dende o comedor.

Cando chega a hora do café e o chopito, aproveitamos para brindar polos nosos compañeiros que están de cumpleaños este mês, algo xá habitual pois tódolos meses temos algún.

Entre risas e brindis, pasou o tempo do xantar e, como todo ten un final, é a hora de voltar para casa, caen unhas gotas de auga, pero non podemos irnos sen facer outra foto neste lugar tan especial, despois de darlle voltas o lugar máis idôneo, conseguimos xuntarnos,e, cargada, coma sempre, de cámaras de fotos, dispoñome a deixar un bo recordo desta gran família que formamos Os Sendeiros.

Ahi, meu Deus!! Quen os arranca agora de aqui? Corren dun lugar para outro sacando fotos, a verdade é que non me estrana, as acácias cargadas de flor, están fermosas, os cedros co seu olor especial, dan a esta finca a imaxen dunha estampa.

Asi remata este andareiro, penso que foi un bo dia, todos viñemos cansos pero felices, pois como non podia ser doutro xeito, demos un exemplo de amizade e compañerismo, algo que fomos fomentando ruta a ruta.

Unha aperta da vosa compañeira

 

                                                                   Ana