Crónica
Un ano mais os amigos da asociación de
sendeirismo
Pasada das Cabras, de
Burela, convidáronnos a participar na xuntanza anual de sendeiristas,
con subida ó
Monte Castelo e xantar de confraternidade na área recreativa alí
situada. Somos 35 os participantes que partimos de
Foz as 10 da mañan. Algúns viñan con paraugas e chuvasqueiros
por si as moscas, na memoria tíñamos os partes meteorolóxicos que a tele
daba por estes lares.
O autobús deixounos diante da Casa do
Concello, e alí nos entretivemos unha media hora, charlando e tomando
uns cafés na espera do comezo da ruta. A xente ía chegando pouco pouco
ata formar o grupo andareiro. Xa vimos a José Antonio e demais
organizadores dando as derradeiras explicacións da marcha. ¡¡ Non sei si
aínda vai a chover,!!! ¡¡¡ que vai chover muller!!, non sexas paxaro de
mal aguero, e camiña. Os diversos grupos participantes: Os da
Pasada das Cabras, Peña Furada de Navia,
A.D. de Xove, e nos mesmos,
Os Sendeiros
de Foz. Tamén había algún sendeirista participando de xeito individual,
sen pertencer a ningunha asociación. En total uns 200 participantes.
Despois de facer a foto de grupo, nas escaleiras da Capitanía Marítima,
iniciamos a marcha cando eran as once e vinte da mañá.
A primeira parte discorre polo paseo
marítimo, do que este ano puidemos disfrutar en todo o seu esplendor xa
que o sol nos acompañaba. Un mar azul inmenso, bonitas praias coma a de
Portelo e
A Marosa e recoletas calas coma a do
Ril. Despois de pasar a
praia
A Marosa seguimos un camiño que vai á sombra dos eucaliptos, ate
chegar á Rúa do Vilar, onde cruzamos a carretera, ben protexidos pola
Garda Civil. Neste punto xa recorreramos 4,2 km.
Seguimos camiñando 500 metros por
asfalto, pasamos a Fonte dos Caños e collemos un camiño que á dereita
hai unha horta cun hórreo. Continuamos en ascensión e tomamos o Camiño
dos Laxes, que nos conduce á Vila do Medio, bonito barrio con casas que
teñen labrado, frutales, xardíns... un fermoso rincón de Burela.
Cando levábamos recorridos 5,5 km,
chegamos á Fonte da Lamela, de abondoso caudal, e dende aquí iniciamos
unha ascensión máis pronunciada seguindo un camiño entre eucaliptos que
nos conduciría ó Cemiterio Municipal. E xa un derradeiro esforzo para
subir a empinada costa que nos achegaría á meta: o precioso entorno da
área recreativa do
Monte Castelo.
Alí xa estaba todo preparado, as mesas
postas baixo unha carpa, e inmediatamente nos sentamos para dar boa
conta dos manxares deste xantar de confraternidade: empanada de chícaros,
(así é como chamamos os de Foz ós berberechos), sardiñas asadas,
churrasco, criollos, torta de Santiago, café con gotas, chupitos e unha
magnífica queimada.
Na sobremesa, charla distendida e sobre
todo cantos. Hai que dicir que Cuello deu un recital de bo cantar
asturiano, e que José Luís non puido resistir a tentación de cantarlle ó
seu " Pescadores”
Esta vez tivemos a sorte de contar de
novo coa nosa compañeira del alma
Mari Rauta que xa facía moito tempo
que xunto con Olegario non nos acompañaban.
Marabillosa xornada a que pasamos cos
nosos amigos de Burela, Xove, Navia. Esperamos pasar con eles unha non
menos marabillosa xornada en Setembro, no Encontro de Sendeirismo Río
Ouro
Non faltedes o 26 de Setembro!
Ata sempre compañeiros,
J. Luis
|