Crónica

 


 

RUTA NOCTURNA 2015


Un ano mais chegado o ecuador do mes de agosto organizamos a ruta nocturna, nesta ocasión xuntámonos 200 participantes, non superamos o rexistro do ano pasado pero quedamos ás portas.


Quedamos ás dez dá noite na praza Conde de Fontao, onde tentamos facer a foto de grupo, pero fallounos a cámara, e houbo que facela cun movil.
Subimos pola rúa dá igrexa cara os limoeiros, pasando pola praza Tregastel dirección ás Torres, para dende alí polos prados que están detrás delas, ir dar a estrada dá praia de Llas, onde colleremos o paseo dás Praias ata o peirao que o punto final dá ruta.


Que fermosa estampa por os prados ás escuras, iluminados polas lanternas, parecemos unha serpe luminosa. Dá gusto ver os nenos e nenas, rapaces e rapazas que nos acompañan gozar dá camiñata, xa que a noite esta fabulosa.

 IMG_20150814_221115  IMG_20150814_221941  IMG_20150814_222356  IMG_20150814_230827


Cando imos camiñando polo paseo dás praias, de novo a estampa e marabillosa, unha longa ringleira de puntiños de luz que percorren o camiño, que se moven de forma graciosa e caprichosa, e así ata a praza Conde de Fontao, onde un rico chocolate e uns biscoitos espérannos para repoñer folgos despois de este paseo.


Na praza comendo biscoitos e bebendo unha cunca de chocolate quente, uns falando cos outros facendo piña, poñemos o broche final a esta noite marabillosa.


Grazas a todos por participar e facer unha vez mais, que en boa harmonía o camiño sexa mais grato.
Saúde e ledicia, e ata a ruta nocturna do vindeiro ano

Un saúdo.
Morís.