Crónica da ruta San
Román – Vicedo
17 de Xaneiro de 2016
Os Sendeiros Comezamos o ano facendo a
ruta no concello de Vicedo, dende A Praia San Román ata
o Vicedo.
Neste camiñar como xa dixe comeza na praia chamada San
Román o Areagrande, unha Praia precedida por un
ecosistema inigualable, entre acantilados e nun enclave
natural rodeado de varias plantacións de piñeiros, e
lugar de encontro de numerosas gaivotas. Conta cun
reducido espazo de dunas. Unha gran cruz a preside, en
recordo dun naufraxio e homenaxe permanente ás súas
desgraciadas vítimas.
Na compañía dunha fina choiva, achegámonos aos miradores
de Toxoso onda podemos deleitarnos do frondoso mar
Cantábrico con os maxestuosos acantilados tendo en
primer plano a illa Coelleira. Ista illa existiu na
antiguedade o mosteiro de San Miguel da Coelleira, os
monxes ían a Viveiro en Barcas de coiro para celebrar a
misa na capela que serveu despois a primeira igrexa dos
frailes Franciscanos.
O mosteiro da illa pudo ser fundado ao comenzó do xéculo
V polo bispo Consencio, outros historiadores apuntan que
poido ser fundado no reinado de Leovigildo nos anos 573
– 586 durante a vil persecución contra os cristianos.
No xéculo XI encóntranse documentos dunha doación que
Vimara Menéndez fixo no ano 1095 ao mosteiro de San
Miguel de Quonicularia, facendo de intermediario o bispo
Gonzalo.
Despois de moitos acontecementos o mosteiro pasó a ser
mansión dos cabaleiros templarios, orden militar e
relixiosa fundada ao comezo do século XII por Hugo de
Payé.
SE ignora o motivo da súa desapareción do mosteiro anos
despois, aunque García Dóriga conta que “unha noite se
escoitou tocar a rebato a campá do mosteiro e varios
verdugos sen entrañas comezan a degollar os monxes que
sufriron o martirio con valor e resignación.
No século pasado se utilizó a illa para poñer un faro
que sirve para balizar a ría de Vicedo.
Unha vez de admirar a beleza da illa Coelleira, chamada
así pola gran abundancia de coellos que alí había, e a
grandeza do mar dende o mirador de Toxoso seguimos a
pista da ruta achégandonos a fermosisima Praia de Xilloi,
praia de area branca, con ondada tranquila, de forma de
cuncha, que constitúe de por si un dos recantos máis
apreciados da zona. Está flanqueada por grandes
acantilados, nun enclave de particular beleza
paisaxística. Ámbito semi-urbanizado, con plantacións de
eucaliptos e piñeiros nas proximidades. E aquí onda
facemos un receso para reponer forzas e tomar un pequeño
respiro, a choiva seguía con nos.
De seguido remontamos a marcha por un sendeiro ao final
da praia un pouco en costa que ao mesmo tempo
preséntanos unas preciosas vistas.
Seguimos entre piñeiros e eucalíptos para achegarnos a
un fermoso recuncho de praia do Caolin, xa moi preto do
porto. Seguimos o percorrido polo porto e un pouco máis
adiante no centro urbán rematamos a primeira caminata do
ano 2016.
Un bo xantar na sempre armonía que prevalece no grupo, e
desexar que perdure no tempo.
Un saudo
José Luis.
|