Os Sendeiros

de

Foz

 

PRINCIPAL

Rutas 2021

II Andaina contra o cancro, Foz

Ruta das Igrexas 2021

Ruta Mirador Auga Caída

Ruta das Fontes e dos Rego. Ruta do Muiñeiro Namorado

Ruta das Minas

Ruta Supena

Alto do Picato

 

Rutas 2020

Val de Lourenzá

Belen de Cumes 2020

Mondigo

Medela-Muiños

Fragavella

Fervenza do Rio Belelle

Rutas 2019

Luces de Vigo 2019

Belén de Cumes: A Frouxeira

Ruta Busto - Cueva

Ruta Melendreros - Fuensanta

Ruta Xistral - Fervenza Escouridal

46 Marcha Nacional de Montañeros Veteranos

XXXI Marcha galega de Montañeiros Veteranos

Eo Aventura 2019

Ruta dos Nazarenos 2019

Marcha Nocturna 2019

Frouxeira a Oirán

Ruta das Igrexas

Subida ó Pico da Lebre

Andaina contra o cancro

Senda do Oso

Rinlo - San Martiño

Fin de semana en Segovia

III Dia do Sendeirista de Galicia

Ruta do Vento e Vilapena

Esteiro - Morás

Ruta Teixo, Taramundi

Rutas 2018

Belén de Cumes 2018

Pico Pousadoiro e fervenza Cioyo

Viveiro - Penedo do Galo - Palmeiro

45 Marcha Nacional de Montañeros Veteranos

Curro de Candaoso - Pau da Vella - Pozo da Onza

XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

Foz - Castro de Fazouro - Ruta das Praias

Nocturna 2018

Ruta Solidaria: Endometriose

Viloalle

Mirador do Comado

Escouridal - Torez

Encontro en Burela

Pico Cornón

Rutas no Parque de Redes

Encontro Astur Galaico

Andaina Solidaria Mondoñedo 2018

A Seimeira - Forcón de Ríos

Ribeiras do Sor

Pena Abaladoira - Fervenza de Escouridal

 

Rutas 2017

Belén de cumes 2017

Fuciño do Porco

Cadramón - Viveiró

44 MARCHA NACIONAL DE VETERANOS, BARRANCO POQUEIRA

XXIX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos

Sábados de verán: Agosto

Sábados de verán: Xullo

Pena Trevinca

Encontro na Pontenova

Ascensión a Pena Chana

IX Encontro Astur-Galaico, Boal

Dia Nacional do Sendeirista na Cañiza

Puerto Ventana

A Cazolga - Virín - Capela do Carme

Santa Mª del Mar a Ranón

Rutas 2016

Belén de Cumes 2016

Minas de As Talladas

VIII Encontro Astur Galaico

Charla de Camilo Xabel Sousa: Sendeirismo e relevo xeracional

Camiño Ferradal ou da Caleira

XLIII Marcha de Veteranos Nacional

Encontro Río Ouro e Praias de Foz

Ruta Fin de Verán

VII Marcha Nocturna

Ríos de Foz

Serra do Buio II

Subida ó Pico da Lebre

Encontro na Pontenova

Salamanca, Arribes del Duero

Rutas Semana Santa 2016

Covas de Andía - Lebredo

San Roman - O Vicedo

 

Rutas 2015

Belen de Cumes

Foces del Esva

Encontro AsturGalaico en Vegadeo

Ruta da Cubela

Encontro de Sendeirismo Foz 2015

Sábados Sendeirismo Agosto 2015

Ruta Nocturna 2015

Sábados Sendeirismo Xullo 2015

Encontro en Burela

Lucus a pé

V Encontro As Mariñas

Fin de semana en Povoa de Varzim

V Encontro AsturGalaico en Pol

Semana Santa 2015

Desfiladeiro das Xanas

Riobarba - Negradas

Rutas 2014

Belén de Cumbres

Narón, Neda, Fene, Narón.

VIII Encontro de Sendeirismo

Camiño do Mar no concello de Foz

Ruta das fragas da Ribeira e de Lostegal

Ruta das Capelas

San Acisclo a Fazouro

V Ruta Nocturna

Fin de semana en Cantabria

Ribeiras do Masma

Praia de Altar - Foz

Encontro Burela 2014

Ruta da Coba

Senda Verde da auga

Ruta das Mareas

As Aceas - Rinlo

Rutas ano 2013

Caión - Arteixo

Ruta Pico Tres Bispos

VII Enconcontro Río Ouro e Praias de Foz

Ruta Entrevados - Val do Pinzón

Ruta de verán Alto da Frouxeira

Ruta de verán Alto de Virín-Cornería

4ª Ruta Nocturna

Ruta do Cares (Posada de Valdeón - Poncebos)

XXVI Marcha Naviega

IV Encontro de Sendeirismo As Mariñas

Fin de Semana en Segovia

Monte San Lois (Noia)

Dia do Socio 2013

Río Mandeo (Betanzos)

Morás - Esteiro (Xove)

Rutas ano 2012

Cabo Busto

Cea anual 2012

Ortigueira

Augas de Fonmiñá

Encontro Río Ouro e Praias de Foz

Sábados de Agosto

Fervenza de Tabayón

Canóns do Sil

I Ruta do Mariscal

VII Sardiñada

Ruta dos Pícaros

Subida ó Monte Castelo 2012

XXV Travesia Costa Naviega

Las Minas de Sabero

Concentración de A Pontenova

Fin de semana en Euskadi

Camelle - Laxe

Brañas Vaqueiras

Ruta dos Muíños de Taramundi

Lagoas de Cospeito

Rutas ano 2011

Senda Norte

Cea anual 2011

Fervenza do Toxa

Ruta da Marronda

V Encontro de Sendeirismo

Ruta do Alba

Sábados de Agosto

2ª Marcha Nocturna

Lagos de Covadonga

Sardiñada no Santo

III Ruta dos Pícaros

Subida ó Monte Castelo 2011

Travesia Costa Naviega 2011

Encontro de senderismo da Pontenova

Fin de semana en Canóns do Ebro

Ruta do Viño de Valdevimbre

Ruta das Praias de Foz

Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde)

Ortiguera - Viavelez


 

Rutas ano 2010

Ruta Río Miño

Ruta da castaña e do mel

Senda Norte: de Nieva a Cabo Peñas

IV Encontro Rio Ouro e Praias de Foz

Muiños de Esmelle

I Marcha Nocturna Praias de Foz

Río Xallas, Ézaro

Sardiñada no Santo

Ruta dos Pícaros

Monte Castelo 2010

Ruta Trigueira

 Encontro da Pontenova

Puentes de Malpaso

Pena Abaladoira (Alfoz)

Fin se semana no Val do Jerte

Lago Ausente (San Isidro)

Sendas ríos Llantones y Peñafrancia

 

Rutas ano 2009

Ruta das Algas (Ortigueira)

Asamblea e Cena 2009

Ruta Tres Bispos (Ancares)

Ruta da Auga (Guitiriz)

III Encontro Río Ouro e Praias de Foz

Camiño Real (Ourense)

Illa de Ons

Sardiñada no Santo

Subida ó Monte Castelo

XXII Travesía Costa Naviega

Ruta Río Centiño

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

II Encontro de Senderismo Río Ouro

 Fazouro, Foz (Lugo) 

20 de Setembro de 2008

Saída: 10:00 h  da mañán

Dificultade: Fácil

Crónica

O día amenceu radiante, con boa temperatura. Sen dubida ía ser unha xornada perfecta para a práctica do sendeirismo no marco incomparable da costa focega e o entorno do Río Ouro. Os participantes, sendeiristas de asociacións de Pasada das Cabras de Burela, Asociación Micolóxica Lucus, de Lugo, ACD de XoveOs Sendeiros de Foz, O Carroucho de O Burgo (A Coruña), Peña Furada de Navia, La Chiruca de Cudillero, A.Vecinos Los Ríos de Contrueces (Xixón), Club Amalio Fernández de Ponferrada, AA. VV de Fazouro, foron congregándose a carón do monumento á pescantina refrexada na figura da inesquecible e popular Xica.

Na ría estaba a celebrarse unha competición de piraguas do Campionato Galego de Piragüismo, espectáculo que captou a atención dos asistentes que os entretivo ate á hora da saída. Mentres non empezábamos a xente aproveitou para charlar, intercambiar experiencias, en suma para facer amizade.

Faltaban os compañeiros de Cudillero e agardamos por eles un anaco. Nada máis chegaren, xuntámonos para a foto de rigor, ben apretadiños para que ninguén quedara fora pois era unha morea os sendeiristas congregados: 450. Tras unhas verbas dirixidas ós participantes polo presidente da asociación anfitrioa Os Sendeiros, e do alcalde en funcións Xaime Cancio, emprendemos a marcha.

Camiñamos polo paseo de Tupide, pasando a carón do "Joaquincito", ese pesqueiro que pasou da súa actividade nas bravas augas do Mar de Foz a un merecido descanso en terra firme, semellando unha navegación con rumbo Sur, cara á dársena ónde o recordamos cos seus aparellos ulindo a mar, as caixas con o botín en forma de fresquísimo peixe que logo se rularía na lonxa. Tamén pasamos a carón do monumento ó pescador, esa figura de pedra halando eternamente á rede con expresión ausente.

Ó pe da Rapadoira recíbenos o Arao, con as súas ás cortadas por aqueles que non entenden de liberdade máis que a súa propia para amolar o resto dos veciños, e egoistamente disfrutar facendo canto mais dano mellor. Continuamos polo paseo da Rapadoira, cara a Anderramos, gozando das vistas e do tempo, para atoparnos con o Mar Cantábrico que nos recibía con un pouco de marexadiña, as ondas rompendo nos castelos que por fora do cabo serven de morada para gaivotas e cormorans.

E seguimos camiñando, agora en fila mais alongada porque o paseo estreitase. Así vamos recorrendo as preciosas calas e lugares emblemáticos de Foz como a Soalta, Ollo do Mar, A Ronqueira, A Verde… ata chegar a Praia de Llas, coas súas dunas e con as penas do Val enfronte.

Seguimos por Augadoce e tomamos o paseo aínda en construción que nos acercaría á Praia de Peizás. Todo este tramo, incluíndo a área de descanso está en obras. Detrás do cámping San Rafael seguimos por unha senda que nos levará pola costa, refrescados por unha brisiña do mar que se agradecía ben.

Antes de chegar á Praia de Xógaras tivemos que baixar polas rocas e subir un pouco mais adiante. En pasando esta recoleta Praia sen area deseguida chegamos á Praia da Pampillosa, en Fazouro, onde o equipo de asadores xa estaba prendendo o lume para asar o bonito.

 Pasamos por un túnel para cruzar a N-634 e as vías do tren, e xa nos atopamos na área de descanso Entrepontes onde había un posto de avituallamento que entregaba a cada sendeirista unha bolsa de liño contendo dúas pezas de froita e unha botelliña de auga. Despois de repoñer forzas e tomar folgos continuamos, cruzando o río pola ponte de ferro, divisando Villarmea, a Fonte da Aldea, a Igrexa de San Campio xa engalanada para a festa do día seguinte, a Ponte Vella e , como non, o Río Ouro coas súas marismas. Aquí comeza unha senda e un cartel informativo danos detalles deste roteiro.

Remando para gañar por ti.

Sendeiristas na costa por ti.

O treito máis complicado por ti.

Frores, e Fazouro ó fondo por ti.

A medida que nos vamos adentrando no monte a vexetación vai sendo mais mesta, de gran beleza. As distintas especies arbóreas, eucaliptos, piñeiros, bidueiros, freixos, abeleiras, forman unha sombra que nos protexe do rigor do sol, sendo un pracer camiñar por este entorno onde o silencio tan só o rompe o canto dos paxaros e o correr da auga que paseniño vai atoparse con o mar.

Á veira da senda, de cando en cando podemos observar uns carteliños que nos informan de algunha especie forestal ou animal de interés. Enchemos a botelliña con auga na Fonte de Fernandete, de abondoso e refrescante caudal. Pasamos a carón dun lugar con diversas edificacións e un hórreo tapados pola maleza e que nos contan que vai ser restaurado para convertelo nun lugar singular e etnográfico, que ampliará se cabe aínda mais o valor de este fantástico entorno do Río Ouro.

O río flúe mansamente, formando meandros e rincons de gran beleza ate que, de súpeto atopámonos con unha paraxe de ensoño con un salto de auga que ninguén resiste o impulso de fotografalo. Ata aquí chega este roteiro.

 Algúns veciños de Fazouro teñen un soño: A volta algún día farase navegando mansamente ata chegar á desembocadura do Río Ouro. Non estaría mal, seria precioso. Agardamos que se faga realidade mais cedo que tarde. Pero de momento temos que volver camiñando. Para iso cruzamos o río e andamos pola beira oposta , o que nos proporciona outra perspectiva da paisaxe.

 Seguimos así ata que volvemos a cruzar o río por unha ponte de madeira de nova construción, e a partir de aquí desandamos o andado para chegar de novo á área recreativa da Praia da Pampillosa.

 Xa pasaba bastante das dúas da tarde e a fame era negra, fame que aumentaba polo recendo do bonito que estaba a ser asado en grandes grellas. A cada sendeirista entregábaselle un prato con un anaco de bonito asado, un boliño preñado e unha tarrina de requeixo. E por suposto viño coma nunha malla.

Salto por ti.

Río arriba por ti.

Marismas e a ponte de ferro ó lonxe por ti.

IMG_0130 por ti.

Cada un foise acomodando como puido, sentándonos á beira do río, ou no prado buscando algunha sombra e así, amenizados polo grupo de gaitas O Feitizo, demos conta das viandas. Aquilo parecía un romaría, con tal cantidade de xente disfrutando do xantar e da conversa, intercambiando números de teléfonos e de correo electrónico. A bo seguro algunha das amizades que se fixeron neste día perdurarán.

 Ó remate sorteáronse algúns agasallos, sendo os agraciados case  todos das asociacións de Ponferrada e Xove.

A Asociación os Sendeiros de Foz quere agradecer a todos os que participaron a súa asistencia e compaña, que fixeron para nos un día inesquecible.

 Tamén agradecemos ás empresas, organismos e particulares que colaboraron, xa que sen eles este encontro non sería posible.

E sen mais, emplazámosvos a todos para o encontro que celebraremos o vindeiro ano 2009. Recordade reservar data nas vosas axendas para estar con nós de novo a finais de Setembro do ano que axiña comezaremos.

Unha aperta a tod@s.

David Méndez.