Crónica

Ainda é noite cando nos subimos o bús, pero si algo nos caracteriza Os Sendeiros é o noso espíritu de camiñantes, e sempre vamos coa mesma alegría, aínda que sexa co madrugón que fixemos hoxe. Algún intenta dormir, pero é imposible, non calamos de falar, contar historias, en resumo, ponernos o día dos acontecementos do pobo dende o andareiro anterior, xa que moitos non se ven máis que cando vamos andar.


En Monterroso facemos unha parada para almorzar e nada máis chegar á cafetería a nosa sorpresa é que non hai luz, xa que debido a tormenta de vento houbo un corte no suministro eléctrico, pero ten solución e preparáronnos un café de pota delicioso, eso si, acompañado de madalenas e bizcoito.


Xa de novo en ruta, observamos o ceo porque amenaza con chover, todos pensamos que cando pare o vento choverá e non nos equivocamos, xusto cando o bús nos deixa a carón da Igrexa de Pazos, cae un ”mar de auga” Armamos un zaratán para sair do bús, porque temos que enfundarnos nos nosos traxes de auga, chuvasqueiros, gorros e paraguas, aínda que estes non nos valen de moito, xa que é tanto o vento que temos que facer verdadeiros esforzos para que non nos volen tamén.

Fervenza do Toxa Fervenza do Toxa Fervenza do Toxa Fervenza do Toxa


Pero, grazas a Deus, esto pouco dura, xa que o pouco de votar andar, xusto cando chegamos o mirador a choiva desaparece e queda unha boa maña.
Dende aquí temos unha fermosa vista dos Ríos Toxa e Deza, e o noso sendeiro descorre por bosques de carballos, pinos, castiñeiros e moitos érbedos.
De repente xa nos atopamos coa impresionante Fervenza do Toxa, con unha altura de 60 metros, que nos deixa a todos mudos ante o paraxe tan natural que rodea este entorno, é un lugar inesquecible, fermoso, e despois de sacar unha foto de grupo, facemos un pequeño reagrupamento para reponer forzas.


Despois desta parada, seguimos a nosa marcha, por un entorno dunha vexetación verde e natural, e vestixios do pasado como o arco romano da Praia fluvial de A Carisa.
Na Ponte Medieval do Demo, cruzamonos cos nosos compañeiros “Pasada das Cabras” de Burela, que fan a ruta o sentido inverso ca nós, despois dos habituais saúdos, seguimos o camiño e sen darnos conta chegamos o final do percorrido no Mosteiro de Carboeiro, un lugar especial e a persoa que ejerce de guía ofrecese para facernos unha explicación deste lugar, símbolo oxival de Galicia construido por discípulos do Mestre Mateo.


Subimos o bus para acercarnos a Silleda e disfrutar dun bo xantar, e sen dúbida asi foi, xa que a comida foi excelente e todo elo regado dunha boa armonía e compañerismo.


Asi rematou este andareiro, aínda que o pronóstico non era bo, foi un explendido día, seguro que xa estamos pensando no seguinte.
Unha aperta para todos e o noso agradecemento por compartir con nós estes 78 andareiros que levamos feitos a Asociación Os Sendeiros.


OS SENDEIROS