Crónica

Un ano máis Os Sendeiros de Foz organizamos no mes de agosto os sábados de sendeirismo polo concello de Foz.
Unha forma de fomentar sendeirismo ao mesmo tempo dar a coñecer a quen nos visita na época estival o noso pobo.


O grupo o formamos xentes de distintos punto da xeografía española: Valladolid, Madrid, País Vasco, e como non, veciños nosos.
Pateamos as parroquias unha a unha: Cangas, Cordido, Vilaronte, San Martiño, Nois, Fazouro, sendo moi boa a collida por todo o grupo.


Na derradeira ruta fixemos o retorno a Foz no tren, que para algúns era a primeira vez que o facía. A todos os participantes nas camiñadas es ofrecimos un refrixerio nun local de Foz como despedida e contando con eles para os próximos anos.


Soamente reflexar, que son moitos os amigos que ano tras ano facemos con esta iniciativa que oxalá perdure no tempo.
Grazas a tod@s

Un saúdo
Os Sendeiros