Crónica


Ruta Ría de Ferrol


Nesta ocasión diriximos cara as terras de Ferrol, xa que a camiñata deste domingo, discorre polo borde interior da ría de Ferrol.
Partimos de diante do concello de Narón, e percorrendo algunhas das súas rúas, chegamos a igrexa e mosteiro de San Martiño, a ser a partires de aquí, cando comece propiamente o camiño o son da ría, chéganos un perfume que provén dos lodos da ría que están o descuberto pola marea baixa. Cando nos estamos achegando o muíño das mareas comeza a chover, tapámonos debaixo da ponte que esta a carón do muíño para agruparnos, momento que algún dos camiñantes aproveita para botar un grolo de auga e picar algo, continuamos polo paseo marítimo que discorre paralelo a ría ata chegar a ponte que a cruza, e nos pon en terras do concello de Neda, dende este punto, ollamos a ponte da autoestrada, a ponte do tren a ponte das Pías, así coma as grúas de Navantia.

 SAM_4656  SAM_4686  SAM_4712  SAM_4708

 Continuamos polo paseo e para de chover, facemos outra parada para agruparnos a carón do concello de Neda e volver a repoñer forzas, continuamos cara o Pazo da Merced, hoxe un hotel, camiñamos pegados as vías do tren ata chegar a un pequeno embarcadoiro, onde aprovéitamos para sacar a foto de grupo, como está a marea baixa, continuamos o camiño pola veira da ría, ou sexa pola area pegada a costa, ata chegar o paseo de madeira que continua bordeando o litoral, ata praia urbana de Fene, a carón dos estaleiros de Navantia, onde comeza a ponte das Pías, que cruza dende Fene ata Ferrol o ancho da ría, o final do noso camiñar é no polígono das Gándaras, en Ferrol, onde o bus nos espera para levarnos a comer o restaurante a Ponte.


Un saudo, e ata a próxima.


Morís.