Crónica

O encontro da amizade

De novo Os Sendeiros fomos invitados polos nosos amigos da “Pasada das Cabras” de Burela a pasar unhas horas xuntos.
Ás 11 da mañá comezamos dende a praza da Mariña o percorrido, non sen antes facer a foto do grupo que integrábamos os camiñantes. De Navia, Xove, Foz e de Burela formábamos un grupo dunhas 200 persoas que íamos a facer a aventura.
O pelotón parte camiño da praia urbán de Burela lugar que non fai tantos anos era un recuncho soamente para o baño. Un fermoso paseo e bonitas terrazas forman un estilo do máis puro verán.
Seguimos a ruta polo paseo a beira do mar que nos vai achegando a praia A Marosa, que xunto as instalacións deportivas fai un lugar de encontro para pequenos e maiores ben para tomar o sol o facer deporte. Hoxe precisamente era un xentío de xente o que neste lugar había. Sendeiristas, nais e pais, felices vendo a os seus cativos xogando o campionato de fútbol que temos ano trás ano na nosa mariña de Lugo. A ruta segue pola estrada Burela – San Ciprián para a os poucos metros coller a senda en suave subida que nos vai achegar as primeiras casas da vila do medio, e levándonos entre eucaliptos por un sendeiro cada vez máis pesado primeiro polo calor que facía e a costa que tíñamos diante.
Na subida coma sempre a grupo ía estirado cada vez máis e as suadas eran boas soamente bastaba ollar as faces da xente. A alegría de todos modos non faltaba.

Subida a Monte  Castelo 2011 Subida a Monte  Castelo 2011 Subida a Monte  Castelo 2011 Subida a Monte  Castelo 2011


Este encontro e cómo di o titular da crónica, de amizade, de ano a ano volvemos a vernos xente coñecida que si non fora por estas xuntanzas seria moi difícil poder ter unhas horas desta fermosa compañía.
Encaramos o derradeiro tramo tomamos un grolo na fonte que temos a beira da estrada e para área do Monte Castelo, ¡¡¡uf!!, por fin chegamos. De verdade que a subida e forte.
O Monte Castelo e un área recreativa fermosa, ten unha bonita capela na Honra a Virxe das Marabillas. Unhas vistas fermosas. Podemos recrearnos co mar e coller coa man o pobo de Burela, ben coidada, bancos, mesas, en fin un lugar para pasar un bo día en familia.
Na chegada a organización ofrece a os camiñantes cervexa, refrescos, empanada que agradecemos moito pola sede e fame que tíñamos algúns. Eran as dúas e había que esperar ata a media para o xantar, mentres, as conversas, as dixitais, as bromas non paraban de facer as anécdotas do día.
O día era espléndido para a xuntanza, unha carpa ampla tíñamos para o xantar, a hora en punto abriu as portas e sorpréndenos as mesas ben presentadas para facer máis agradable a reunión: Empanada de carne, Polbo con cachelos, xamón cocido, churrasco, chourizos, todo elo regado co bo viño da terra, de postre milfolla, café e chupito, e de remate baile amenizado por un grupo que nos deleitou con rumbas, pasodobres, cumbias, que ninguén quedou sen botar uns bailes.
Por iniciativa do presidente Santos de Peña Furada, se nos invito a unha posibilidade de facer un hermanamento entre Os Sendeiros, Pasada das cabras e Peña Furada, os tres presidentes diante dos seus socios fixemos votos para que algún día se fixera realidade.
Entre cumbia e rumba a organización ofreceu unha gran queimada que se queres animaba máis a bailar a xente.
Coma podedes ver foi un gran día de sendeirismo e compañerismo que pasamos no Monte de Castelo de Burela.
Felicitar a os compoñentes do grupo Pasada das Cabras de Burela por facer que pasáramos un día tan agradable. GRACIÑAS.
Áseis e media Os Sendeiros de Foz dimos por rematada a xornada, e creo que o pasamos pero que moi ben.
Vémonos o ano que ven.

José Luis