Crónica
RUTA PICO CORNÓN
A ruta de hoxe
percorrera terras asturianas,
faremos unha ascensión o pico
Cornón, en Somiedo, xa que a
ruta escollida polos nosos
amigos do Rebollin de Salas,
para facer o irmandamento.
Xuntámonos con eles en Belmonte
de Miranda, onde tomamos algo
fomos ó baño e estiramos as
pernas. Saímos no bus e coches
cara ó inicio da ruta no alto do
porto, en Santa María del
Puerto.
O baixar dos vehículos e antes
de comezar a marcha facemos unha
foto de grupo, atravesamos as
rúas desta aldea cara o río Bayo
o cal cruzaremos. Iremos
ascendendo ata o inicio do val
Valle de Cimera, continuaremos
camiño a media ladeira por
enriba da Vega de Penouta, dende
aquí podemos ollar pola nosa
dereita a Pena Penouta e pola
esquerda el Picu Prefustes e
Miro Malo,e unha vez alcanzado
unha fermosa collada temos as
primeiras vistas do obxetivo de
hoxe, o Pico Cornón, xa
empezamos a pisar neve e vemos
que o resto do camiño ata a cima
nos obrigara a pisar moitos
neveros mais.
Atravesamos esta collada en leve
descenso, pisando neve, ata un
altiplano chamado as Mozarras,
non podemos ver o esplendor da
vexetación subalpina xa que
cubre todo un manto branco.
Dende este punto pola dereita
ollamos as siluetas de a Peña
Blanca e o Fontanon así como a
base do Cornón e o camiño para ó
seu ascenso pola cara sur a
chamada Escalera del Cornón.
O tempo non acompaña, estase a
formar unha tormenta nas cimas
mais altas a nosa dereita, e no
Cornón está entrando néboa
mesta, o cal nos obriga a
abandonar a idea de chegar a
cima, salvo a catro que aumentan
o ritmo para conseguilo. Aquí na
base do pico tomamos algo a
presa, ante o que se aveciña, e
volta imos cara onde comezamos,
polo mesmo camiño pero a
inversa. Cando chegamos de novo
as Mozarras cúbrenos a néboa e
case non nos deixa ollar o
camiño, imos todos moi xuntos
para que ninguén se extravíe.
Chegamos todos ben a Santa
María, mudámonos de roupa, para
poñernos secos, e baixamos o
porto nos vehículos ata Belmonte
que é onde imos facer o xantar
de irmandade, será no hotel
Cela, un xantar de dez o igual
que o trato.
Unha xornada espectacular cos
amigos do Rebollin, verémonos de
novo con eles en setembro, pero
nesa ocasión será pola nosa
zona, polo Xistral.
Grazas e un saúdo.
Morís.