CRÓNICA

 

Unha fermosa mañá, ainda que non esperada, foi a que nos acompañou neste andareiro sesenta e cinco polas terras de Lalín.

Si fermosa foi a mañá, mais fermosa foi a paisaxe que dende o lugar de Zobra, e por camiños de pedra, que semellaban Calzadas Romanas, camiñamos xuntos polos sendeiros de paisaxe natural, e casi que sempre acompañado polo agradable son das limpas augas do Río Deza.

Trigueira, foi o noso lugar máxico para disfrutar dun ameno xantar, onde pola maxia de algunhas nin nos faltou unha das miñas comidas preferidas como é o Arroz con Leite, que fermoso sitio para xantar ao ladiño de mesmo río, con mesas, e cunha boa compañía dos casi preto de 30 homes e mulleres dos Sendeiros.

Sorprendendo ós mesmos organizadores , rematamos a ruta antes do que se pensaba, e por ese motivo , antes de chegar a Foz, fixemos paradiña en Monterroso , no seu complexo de piscinas , ainda que sin poder probar as augas deste lugar.

Ruta Trigueira (Lalín) Ruta Trigueira (Lalín) Ruta Trigueira (Lalín) Ruta Trigueira (Lalín)

O que si apetecía probar, tanto pola mañá , como pola tarde, ainda que non nos coincidía en hora, é o polbo daquel mesón, pois teño a sensación que o preparan ben naquel lugar, pero terá que quedar para outro día.

En resumen, fermoso día de andareiro, que seguro nas nosas mentes, quedará por un tempo, tanta variedade de árbores, e monte sen eucaliptos, e en especial, os singulares camiños de pedra e as antigas pontes de pedra, todo un tesouro da nosa paisaxe galega.

Para rematar, so lle teño que poñer un “pero” a este andareiro, non fun quen de encontrar nin unha soa cereixa, ainda que fun sempre diante, por si fora o caso.

Moitas felicidades amigos dos Sendeiros, por ter programado este roteiro, e por darmos a posibilidade de coñecer estes únicos paraxes da nosa terra.

Unha aperta e vémonos no seguinte andareiro

Jaime Cancio Rodríguez