Crónica

“Betanzos antigua capital y provincia del Reino de Galicia”

Ontes o grupo que fixemos sendeirismo por terras de Betanzos, teño que decir que o tempo non o tíñamos moi a favor noso. Saímos de Foz chovendo e cun frío que animaba máis a tomar un café na taberna da esquina.
Pero coma valientes que somos subimos ao autobús sen pensar noutra cousa que pasar o domingo pola natureza.


A choiva foi amainando pero coronando a Xesta, aparecía a auga /neve, que non falábamos nada do tempo, pero creo que tod@s tíñamos o pensamento na molladura que íamos a coller durante a caminata.
Fixemos a paradiña coma sempre en Guitiriz, un frío que pelaba, tomamos uns cafés e de novo a estrada. Quedaba unha media hora ata o comezo da ruta en Chelo parroquia de Coirós.


Chegamos preto das dez e media, cal foi nosa sorpresa ver que paraba a choiva, e fixo que non necesitáramos de poñernos os chuvasqueiros, iso si frío moito, pero camiñando non te enteras.
O percorrido transcurre por unha pista costa abaixo, que nos vai levando entre carballos, pinos, bidueiros, ata alcanzar a ponte pola que cruzamos o río Mandeo.
Esperamos uns por outros para así emprender o precioso paseo ao carón do río.
Fixemos a foto de rigor do grupo, e comezamos a senda.


O río Mandeo Destaca pola súa riqueza piscícola, unha cuenca fluvial dun importante valor ecolóxico cuns importantes cotos de pesca de salmón e troita, e tamén pola celebración as seus orillas da Romaría dos Caneiros a maior romeria profana de Galiza.
A senda ten bo piso, e deixamos disfrutar do entorno espectacular quee temos diante. O caudal e fortísimo que según avanzamos, vai perdendo o coraxe, facendo un entorno moi tranquilo. En ambas ribeiras pódese contemplar “chiringuitos” pechados que seguro os utilizan para o disfrute en época estival.

Rio Mandeo Rio Mandeo Rio Mandeo Rio Mandeo


Facemos un agrupamento no lugar onda se celebra a festa Os Caneiros, unha gran arboleda que seguro terán os romeros unha boa sombra.
Xa divisamos as primeiras casas, e tamén as lanchiñas que os vecinos de Betanzos usan polo verán para navegar polo río. Tíñan algo de falla de pintura, pero seguro que na primavera estarán todas inmaculadas.


Chegamos a Betanzos, o recorrido o facemos polos casas antigas coas balconadas de madeira, uns recunchos fermosos que nos van levando ao paseo marítimo da ría, onda desemboca o río Mandeo e ao mesmo tempo únise o río Mendo. Pasando preto da “Ponte Vella”, a pasarela, e ao fondo a ponte de ferro da Renfe. Máis e máis lanchiñas a beira dos pantanais, un paseo moi bonito que nos leva a mesmo centro urbán.
Rematamos ao redor da unha, uns foimos a visitar o parque Pasatempo. Unha construcción que comeza no ano 1893, siendo diseñado por D. Juan García Naveira, Nel vense plasmadas as vivencias que este emigrante a América, adquirió nos seus numerosos viaxe polo mundo.
E unha visita moi recomendable a facer polo seu contido cultural.
Outros decidiron facer unha visita ao casco monumental que pódese decir e todo Betanzos: Praza do campo, Convento Santo Domingo, fonte de Diana, casa do concello, isto e soamente unha pincelada. Tamén e moi típico tomar uns viños nas numerosas tabernas acompañados cun bo trozo de empanada de Betanzos.


As dúas e media o xantar, no restaurante Pasatempo, e que voi decir, boa comida e boa compañía éxito asegurado.
Ás catro e media retornamos a Foz, ao paso por Guitiriz a neve comezaba a cubrir os campos. Que sorte co tempo mentras fixemos a ruta.
Eran ás seis da tarde cando chegamos a casa.

“Para bon viño Ribeiro//para empanadas Betanzos
para Berberechos Noia// para Sardiñas Rianxo”

Ata a próxima


José L.