Crónica

Benqueridos compañeiros,é para min una honra escribir a crónica deste andareiro nº 99 ,unha, porque é increíble a traxectoria desta Asociación levándonos sempre polo bo sendeiro e por outra banda, porque levo moitos meses sin sair camiñar co grupo e hoxe faime moita ilusión retomar éstas saídas.
Pero vamos empezar a redactar como foi este andareiro, do día 24 de Novembro, amence un día nublado e frío, non presaxia nada bo.
Chego diante do Concello e ali todos vamos preparados para o frío e a choiva, pero eso non quita que, a pesar do madrugón, observo que non falta o sorriso e as típicas bromas mañaneras.
Saímos con dirección Arteixo, pero antes de chegar paramos nunha area de servicio para tomar un cafetiño quente, ou unha caña con un bocata de xamón (Uffff, a estas horas!!).
Seguimos hacia Caión que é o lugar donde vamos comenzar a nosa ruta. Según baixamos do bús, collemos paraguas, gorros e chaquetóns. Que pouco sabemos que non vai pasar moito tempo ata que vamos ir quitando capas de roupa e hai que cargar con ela, pois o día comenza a despexar e xa nos acompaña o “soliño”ata o final.
O pouco de empezar andar, por un sendeiro de pescadores, pouco coidado, pero fácil de camiñar, e rodeados de castiñeiros, piñeiros e eucaliptos, vamos disfrutando dunha paisaxe fermosa, coa mar a nosa esquerda, e unas enormes rochas, que fan diferentes caricaturas.
Casi sen darnos conta, chegamos ata Praia de Barrañan, nesta zona é moi habitual ver gran cantidade de xovenes surferos, aínda que hoxe non hai gran oleaxe e non se ve gran cantidade de xente no mar.
Neste punto da ruta, coa Praia o fondo, aproveitamos para facer un reagrupamento e como hai unha cafetería, quen máis e quen menos, asaltamos o bar e pedimos uns cafés, ou unha caña con bocata…
Despois desta paradiña, retomamos o paseo marítimo, e facemos o tramo final da ruta pasando por un sinfín de praias: Combouzas, Valcovo, Hucha… asi como fermosos cantís e unha auga azul e cristalina, para chegar o final a de Sabón.
Xa pasaron catro horas dende que empezamos a andar, e o cansancio vaise notando, todos temos ganas de chegar, e asi cando vemos o bus vamos con diligencia hacia él; uns cambian a roupa, o calzado… e outros quedamos admirando o paisaxe de Arteixo.
Cando estamos listos, aínda recibimos outra noticia, o Restaurante é no Balneario de Arteixo, e como solo está a “200 metros”….??? (Dixo Luciano), menos mal que depois dixo que se “equivocou”, pero total podían ser vinte maís, asi que vamoslle perdoar!!!
Esperamos un pouco xa que chegamos antes da hora, pero non tardan moito en facermos pasar, despois de sentarnos, faise un silencio, parece ser que teñen moita fame.
Disfrutamos dun bo xantar, nun fermoso entorno, e dunha compañía inmejorable, combinando o bo sabor da comida coas conversas que pouco a pouco vamos subindo o tono.
Rematado o xantar diriximonos a cidade da Coruña, donde vamos estar unha hora e media para pasear, e sen dúdalo todos collemos pola Rúa de María Pita, coa fermosa vista do Concello o fondo, e unha inmensa marea de xente paseando polas rúas, incluso aproveitando para facer unhas compras, xa que a maioria dos comercios tenen as súas portas abertas.
Meu Deus, pero si casi non fixemos máis que acabar de comer, e xa nos apresuramos hacia o señor que vende castañas asadas para mercar un cucurucho delas, moi boas, por certo.
E non solo eso, senon que hai quen vai hacia Bonilla para degustar un sabroso chocolate con churros!!! Ufff…
Ben, o paseo toca o seu final e iniciamos o regreso a casa, todos cansos pero cheos de ledicia, foi sen dúbida un gran día; unha fermosa ruta, con uns paisaxes inmejorables; un bo xantar nun entorno emblemático como é o Balneario de Arteixo; pero quedome coa boa compañía que disfrutei durante todo o día.
Ata a próxima, unha aperta da vosa compañeira

Ana