Crónica


Despois dun inverno dun temporal tras outro, e tamén do adianto dá ora, tivemos unha maña de verán, que ninguén contaba, onde os máis arriscados sendeiristas, unhos vinte, gozamos dá natureza, é algún ata chegou a poñerse en pantalons curtos, e o máis peque, o noso Anxo, quería darse o primeiro mergullo.


Hoxe realizamos un roteiro polas praias dá máis fermosa costa que é por suposto a dá Mariña, sen ningunha dúbida, e asombrados polos dános dos temporais.

 SAM_4140  SAM_4157  SAM_4209  SAM_4202


Saímos do aparcadoiro dá Angüieira, cun aire fresco que acabou de espertarnos, baixamos atá a fina e firme area branca e o carón do inmenso mar Cántabrico, paseando polas praias, do Altar (antiga Altar Druída), San Bartolo onde está o seu Castro Celta, Os Féas, Remior mirando cara á area na busca do tesouro Biteré que nos dará un ano de amor e sorte para os afortunados en atopalos, Praia do Couto, A Salsiña, Valea, Fontela onde albérgase o Castro de San Pedro de Benquerencia, Praia dá Roda e pasamos á gran Ruta dás Cabanas que agochan a figura do grande Mono, máis ben Gorila, pasando a nosa seguinte Praia de Lóngara gran coñecida para os amantes do surf, o remate vémola a Pena do Elefante, As Igrexas ou Capela Sixtina que non ten nada que envexar a que máis adiante nombrarei, e así de praia en praia subindo por algún ca outro acantilado e carreiro chegamos a Praia que sae na páxina oficial de Freixenet, "como un lugar de ensueño en donde brindar” Ás Catedrais, seguindo ata á de Esteiro, onde rematamos por hoxe o noso recorrido, e de alí a xantar non Restaurante Yenka, onde degustamos o froito do noso mar cun exquisito guiso mariñeiro, onde saímos como se dí "ata bandeira".


En resume un día dos mellores, e para repetir, ollo que ten que ser coa baixa mar e coincidindo como din coas marcelinas ou agostinas, vemonos na seguinte escapada.....

Unha de vós.