Powered by Wikiloc

Crónica

RUTA ÍNSUA-FUCIÑO do PORCO-SAN ROMÁN


O derradeiro andareiro do ano, fomos camiñalo a terras do Vicedo, aínda que partimos do concello de Viveiro, no mirador da Insúa, case toda a camiñata foi por terras do Vicedo, para ir o famoso Fuciño do Porco.


Despois de admiralas vistas da ría de Viveiro dende o mirador da Ínsua, onde se atopan os restos do cargadoiro, saímos camiñando cara a praia de Abrela, o día está nubrado e cando comezamos a camiñar, un miúdo barruzo acompañounos nos primeiros pasos, de seguida parou. Dende Abrela ollamos o Fuciño do Porco obxectivo principal da ruta de hoxe, na praia vemos un pescador tentando pescar algo, e surfistas ollando o mar buscando olas que surfear.


Unha vez pasadas as derradeiras casas de Abrela, metémonos nos camiños de bosque que nos achegaran ata o Fuciño do Porco, esta unha mañá perfecta para camiñar, non chove e temos unha temperatura moi perfecta para camiñar sen súar.


Que magnificas vistas temos dende este privilexiado mirador, a praia da Abrela, a Insúa, a praia de San Román, a illa Coelleira, o faro de punta Roncadoira, o que é a entrada a ría de Viveiro. Sacamos fotos de grupo, da paisaxe, e gozamos da beleza e tranquilidade do lugar. Tamén aproveitamos para comer algo e repoñer folgos.


Dende aquí, partimos polas pistas forestais rodeados de árbores cara San Román, que é a fin da andaina de hoxe.
Como este é o derradeiro roteiro do ano, imos xantar o Viveiró, unha comida especial de Nadal, e brindar polas vindeiras festas de Nadal, e porque o vindeiro ano sigamos todos xuntos gozando da compaña e da natureza.


Un saúdo a todos.


Bo Nadal.

Morís.