Crónica
Hoxe non tíñamos que madrugar e iso
notábase nas caras que estaban de outra maneira que anteriores rutas, o
ceo despexado e xa saía un raíño de sol. Ás nove e media partimos de
Foz 45 sendeiristas con gañas de compartir en camaradería o domingo por
terras de Trabada. Uniuse ao grupo máis savia nova a parella Iván e
Belinda, e Isabel, novos socios que procuramos axiña que se encontraran
cómodos xunto a todos nós.. Ojallá sigan moito tempo con nos e se vaia
achegando xente nova para que Os Sendeiros perdure no tempo.
A primeira parada foi na Corredoira,
Mañente, e seguimos ata Barreiros, nada máis pasar o pobo
collemos a dereita dirección a Trabada. Cruzamos polas parroquias de San
Martín darriba, San Martín de abaixo, esta última e onde naceu a nosa
compañeira Aida.
Antes de chegar ao pobo atópase o "pazo
de Terrafeita". Este pazo con torre foi construído a mediados do
século XV para realizar labores do control do paso polo val de Trabada.
Muros de pedra vista, chans de madeira, mobiliario antigo restaurado e
chans de pedra amarmolada Lorenzana decoran os espazos comúns. Na
actualidade adícase a aloxamento de Turismo.
Cruzamos o durminte pobo de Trabada
na busca do comezo da ruta. Temos no reloxo as dez e media cando comezamos
a camiñada. Tomamos a senda do Monte
Roxal, que vai por unha pista que
toda e chan para ir acercándonos a falda do monte que vai en costa por un
sendeiro moi fermoso, pero en constante pendente que para algúns
supoñía bastante sacrificio ¡¡ Hai que entrenar máis !!
Sempre levando a compañía de
regatos pequenos e regatos coma o de Vilaperdice, de augas cristalinas que
xunto cos abedueiras,
piñeiros,
acivros e as súas follas de distintos
cores fan que o sendeiro se faga máis cómoda ao mesmo tempo que che vai
enchendo da paz que a natureza che fai sentir. Cruzamos pontes de madeira,
pasarelas, en fin un conxunto verdadeiramente impresionante.
Pouco a pouco e pasiño a pasiño
adentrámonos na fraga de Becerreira para xuntarnos todo o grupo na "fonte
do Acivro". De novo sentir algunha que outra queixa polo recorrido,
¡¡vaia subida!!, ¡¡pensei que non chegaba!!, ¡¡Si o sei non veño!!,
todo en boa harmonía que e do que se trata. Tomamos un pequeno aperitivo,
sacamos a foto de grupo, coma a sempre, Ana cargada de cámaras de
fotografía para ter a foto de recordo.
Xa eran as 12 da maña cando partimos de
novo para mergullarnos de pleno no monte
Roxal, un bosque autóctono onde
se atopan os carballos galegos e dende o alto disfrutar dunhas vista do
val de Regueiro, dos Navais e a fraga de Teixido, neste alto temos unha
cota de 640 metros de altitude. Ata aquí fomos formando un grupo bastante
xunto pero que a medida que íamos camiñando vai estirando como se
foramos unha goma.
O día foi moi bo, de temperatura
agradable, iso si, no medio do bosque tíñamos moita humidade. Vamos
descendendo, uns falando do Real
Madrid, vai racha que
levan, outros da
cea, das eleccións da Asociación Os Sendeiros, total como se di
"Cada tolo coa súa tema".
Podemos ollar ao fondo da paisaxe o pobo de
Trabada, a industria madeireira de
Villapol, o camiño ven coidado e ben
sinalizado ía facendo que a camiñada fora moi agradable nos derradeiros
quilómetros "felicitacións ao Concello de Trabada".
O redor da unha e media chegamos ao punto
de encontro e fin da ruta. Xa estaba esperándonos Elvira con o autobús
para achegarnos a Trabada
para o xantar. Algúns cambiando a camiseta, os
pantalóns, calcetíns, poñéndose coquetos para chegar e tomar uns
viños antes de poñerse a mesa. Tíñamos a comida para as dúas e media,
así que aínda temos tempo para os viños, uns foimos a unha cantina e
outros a outra, o pobo parecía unha festa con tanto Sendeiro nun pobo
cativo como é Trabada.
Con fame callada fómonos acomodando no
"Restaurante Villapol" e sorpréndenos cunha fabada con polbo,
vitela asada, torta xeada e bo viño, eu creo que merece un dez a comida
coma o servizo. De sobremesa a boa sintonía dos comensais charla vai,
charla ven, Pablo vendendo lotería, case nada, "cinco talonarios
traía o pícaro", que vendas toda.
Votamos de falla a varios persoas, pero en
especial a Celia Núñez, un bico moi forte de todos nos.
Eran as cinco da tarde cando decidimos
levantar a mesa e de novo no autobús ben conducido por Elvira, chegando a
Foz ás seis menos carto máis o menos.
A verdade que e unha gozada pasar un día
con Os Sendeiros.
Ata sempre, vémonos na cea.
Un saúdo
José
Luís,
|