Crónica

Sábados de Verán 28 Xullo, Mirador de Comado


Para esta segunda ruta de verán, escollemos dirixirnos o concello veciño de Barreiros e facer a ruta Mirador de Comado.


Comezamos en Remourelle, o día amence cuberto, cun unha néboa que por veces molla, baixamos do bus e imos cara a cima da ruta de hoxe, o pico Penalonga, o mais alto do concello de Barreiros,a pista é de zahorra, e vai subindo cunha pendente fácil de subir, e así pasiño a pasiño chegamos a cima de Penalonga, onde ollamos os restos das Mamoas, e lamentamos que a climatoloxía non nos acompañe, xa que non podemos ver as magnificas vistas que dende este punto se amosan, toda a comarca dende Burela ata a costa asturiana así como o interior. Baixamos un pouquiño e chegamos o Mirador de Comado seguimos sen poder gozar en plenitude da panorámica, facemos unha foto de grupo e algunha mais, para comezar o descenso.


O descenso nalgún punto tornase empinado pero é asumible, ollando as nosas costas vemos de onde vimos, imos rodeados de arbores, ata chegar a Roda, xacemento arqueolóxico esquecido polas administracións, único en Galicia, falamos do Circulo Litico da Roda, facemos unha parada para comer algo e repoñer folgos, facer unhas fotos do sitio, e logo recibir unha explicación da importancia do sitio por parte de Emilio Piñeiroa, o cal agradecemos moito polo amena e didactica, notase a súa profesionalidade e que o tema o apaixona, xa que é mestre retirado.


Continuamos a marcha cara o campamento xuvenil da Devesa, e dende aquí dirixímonos cara a costa o paseo marítimo que se dirixe cara as Catedrais, pero nos imos na outra dirección cara a praia de Arelonga onde remata a ruta de hoxe.


Un día perfecto en boa compaña.


Ata a vindeira.


Un saúdo.
Morís.