Crónica
RUTA, MEDELA E MUIÑOS, XOVE
Retomamos as camiñadas despois
destes meses de parón pola
pandemia, e collemos un
roteiro preto, para desprazarnos
en coche, circular e que nos
permita comer ao aire libre.
Escollemos o concello de Xove, e
creamos un roteiro que nos leve
ao alto para ter unhas
magnificas vistas e terminar de
forma suave por un paseo polo
rio Rigueira.
Concentrámonos na chaira da
igrexa da Rigueira, ás 10:00 h,
saudámonos despois de
tantos meses, repártense unhas
breves instrucións e descrición
do roteiro, e iniciamos a
marcha divididos en dous grupos,
uns só farán o paseo do río, que
é moi fácil, os outros
comezamos a camiñar, cruzamos o
río e imos cara a Pradovello,
onde comezamos o
ascenso cara á Medela, por
pistas de monte rodeados de
eucaliptos, xa na cima podemos
ver todo o que nos rodea,
interior de Xove, a capital, o
mar, a fábrica de Alcoa.
Aproveitamos para comer algo,
facernos algunha foto e comezar
o descenso cara á ponte
da Barxa, onde comeza o paseo do
río, de augas claras. Farémolo
en ascenso dirección
igrexa da Rigueira. Polo camiño
gozamos das vistas, dos muíños
que están ao longo do
leito, dos rápidos e sons da
auga, das árbores froiteiras,
carballos, castiñeiros. Así paso
a
paso chegamos onde pola mañá
comezamos a marcha. Comemos nas
mesas da área
recreativa á beira da igrexa, o
rematar facemos a foto de grupo.
Qué alegría volver atoparnos, un
dos comentarios a parte de como
pasamos estes meses,
foi que falta nos facia a volver
camiñar xuntos, gozar do aire
libre e a natureza en tan
grata compañía.
Demos a benvida a novos amigos,
que se unen aos nosos pasos.
Grazas a todos por este bonito
día e ata a vindeira.
Un saúdo,
Morís.