Foi un 25 de outubro de 2009, cando preto das 10 da mañá, máis de medio cento de homes e mulleres dos Sendeiros de Foz nos dispoñíamos a percorrer esta fermosa RUTA DA AUGA DE GUITIRIZ.

Mentras a longa e estirada cola verde e multicolor se adentraba pola fermosa senda pegada ao río Parga, un intenso silencio nos acompañaba, so interumpido polo chasquido das nosas pisada nese manto outoñal de follas, castañas, e bellotas, moitas bellotas que cubrían todo o sendeiro.

Vidal, Ana, Pereiras, e eu mesmo, e de seguido todo o resto desa calor humana, enfundada en roupas de abrigo, nos quedabamos sorprendidos da fermosura desta paisaxe única, que a nai natureza nos ensinou.

Acompañanos un río, o Parga, que tanto o vemos dormido, como de seguido nos sorprende con esa música das súas rápidas augas que baten contra as rochas.

Camiñando co meu paraugas, e contra todo pronóstico, posteriormente recoñecido pola nosa guía Ana, acompañounos un fermoso día de sol, o que provocou, que moitos de nos, tiveramos que empezar a sacar roupa, pola sensación de calor que empezamos a sentir.

Ruta da Auga (Guitiriz) Ruta da Auga (Guitiriz) Ruta da Auga (Guitiriz) Ruta da Auga (Guitiriz)

Pasiño a pasiño, chegamos a Fonte de Valdovín, polo seu caño corría unha auga un tanto especial, e din que de poderes curativos, aínda que é mellor beber sen ter enconta o seu olor tan especial. Logo foi tempo de repoñer forzas, chocolates, frutas, e moitos plátanos e frutos secos.

Seguindo na ruta, chegamos a Parga, !que ambiente de feira encontramos!, a verdade é que daba ganas de quedarse nela, pero seguimos a nosa andaina pasando polo río Ladroil, pero o murmullo dos camiñantes xa facía contraste co cantar dos paxaros, foi entón cando vimos como a nosa guía tropezou ata por dúas veces, aínda que por sorte para todos non houbo unha terceira vez.

Preto de Ansede, recibimos a agradable visita da amiga Regina Polín, Alcadesa de Guitiriz, a que felicitei polo traballo feito da posta en valor desa fermosura paisaxística, e do ben coidada que ten toda a ruta.

Ruta da Auga (Guitiriz) Ruta da Auga (Guitiriz) Ruta da Auga (Guitiriz) Ruta da Auga (Guitiriz)

Chegamos a Guitiriz, e (Para quen aínda tiña gañas de descubrir novos lugares), Ana, propuxo a quen quixera facer outro fermoso paseo pola ruta dos Sete Muiños, ata a piscina. Despois chegou a hora do xantar na Casilla, que dito sexa de paso, cunha atención moi boa, ata este home tan pouco falador coma Ramón de Xaquín así o dixo.

Así foron pasando as horas, ata chegar ao remate deste día especial de sol, da natureza, e de amizade que foi este domingo 25 de outubro de 2009.

A verdade, é que tomei nota presidente, foi un pracer, moitas gracias SENDEIROS.

Jaime Cancio Rodríguez