Powered by Wikiloc

 

Powered by Wikiloc

>  

 

Crónica

Ruta Mirador Monte Castelo y Fervenza Xestosa.

Para a saída do mes de decembro temos dous roteiros, o miradoiro do monte Castelo en Viveiro e a fervenza do río Xestosa en Ourol.


Comezamos á primeira hora da mañá en Vilares, baixámonos do bus e comezamos o ascenso ao miradoiro por unha pista ancha de saburra, moi bo firme e cunha pendente moderada ata chegar á nosa cima. Imos gozando das vistas a medida que gañamos altura. Camiñamos rodeados de eucaliptos na súa maioría, atopando algunha mancha de piñeiro. Chegamos á cima, onde hai un merendero, unha capela e un magnifico miradoiro da ría de Viveiro, facemos unhas fotos, comemos algo para repoñer forzas e comezamos o descenso cara a Merille, que será onde nos espere o bus.
Montámonos no bus e desprazámonos ao comezo do roteiro da fervenza do río Xestosa, esta está no concello de Ourol, baixamos do bus e descendemos ata a base da fervenza, por unha senda que vai sorteando os piñeiros, a fervenza baixa moi impresionante, moito caudal de auga e cun ruído causado pola bravura das augas que impresiona, á vez que a pulverización do salto de auga humedécenos, facemos unhas fotos, e ascendemos ata o bus. Que nos achegara a Viveiro, que será onde fagamos a comida de confraternidade.


Magnifico día en inmellorable compañía, para pasar unha mañá de domingo gozando da natureza.


Grazas a todos e ata a próxima.


Un saludo.

Morís.