>
Crónica
Ruta Faedo de Ciñera - Cueva de Valporquero
O roteiro deste mes achegásenos
á provincia de León, á reserva
de biosfera do Alto Bernesga,
para facer un fermoso roteiro,
que parte do pobo mineiro de
Ciñera.
Arrincamos na praza, diante da
igrexa San Miguel Arcanxo de
Ciñera, e dirixímonos augas
arriba do río Villar, cara ao
seu famoso Faedo, pola senda que
é, o Camiño de Santiago
Olvidado. Antes de entrar no
bosque, pasamos polos restos da
mina, un precioso altar, unhas
vagonetas e os restos dunhas
edificacións. Cruzamos o río por
unha preciosa ponte, e aparecen
ante os nosos ollos, as
primeiras pasarelas que
facilitan o camiño por este
estreito desfiladeiro, pasamos
por unha preciosa área
recreativa, a beiras das augas
do río. Por fin entramos no
Faedo, cas suas haxas
centenarias, a máis famosa Fagus,
con máis de 500 anos, por algo
foi elixido mellor bosque de
España en 2008. Que beleza de
senda, estamos nun bosque máxico,
como non coa súa propia lenda de
fadas.
Despois do Faedo, accederemos
por terreo delicado e con
precaución, á parte alta das
impresionantes Foces do río
Villar, estreito desfiladeiro
onde as paredes de ambos os
lados chéganse a tocar, e que
era o antigo e perigoso camiño
que os mineiros de Villar do
Porto utilizaban para baixar ás
minas de Ciñera e Santa Lucía.
A partir de aquí, continuaremos
por terreo de alta montaña,
seguindo o curso do río Villar
subiremos, ata chegar ás brañas
de Agualcampo e Campo Valle,
lugares idílicos frecuentados
por pastores e gando. A última
parte do itinerario discorre
transitando polos barrancos de
Lagos e do arroio Gocillo, nunha
paisaxe tamén espectacular, ata
desembocar diante mesmo da cova
de Valporquero, que veremos
desde o alto.
Este é o lugar elixido para
comer, nos seus merenderos
sentarémonos e comeremos o que
cada un trouxo. Para despois
facer a visita longa á Cova de
Valporquero, espectacular
cavidade, que unha amable guía
aínda fainos máis fermosa.
Grazas a todos por este
magnífico día e ata a próxima.
Un saúdo.
Morís.